Miguel de Lira será o electricista do “Códice”

O electricista Manolo Fernández, o xuíz Vázquez Taín ou o deán da Catedral serán protagonistas da serie "Códice" que se comezou a rodar en Compostela. Miguel de Lira, Morris e Carlos Blanco forman parte do elenco. 

Presentación de Códice
photo_camera Presentación de Códice

Manolo, o electricista que colleu o Códice Calextino da catedral sen que ninguén se percibise e o gardou nun garaxe do Milladoiro chegará á televisión coa imaxe de Miguel de Lira, protagonista da miniserie “Códice” que se rodará en Santiago durante cinco semanas. 

Dirixida por Jorge Cassinello, a miniserie contará no seu elenco con algúns dos principais nomes da interpretación galega. Antonio Durán, Morris, dará vida a outro dos personaxes claves na trama do Códice, o deán de Compostela. O mediático xuíz Vázquez Taín -que escribiu unha novela sobre a trama do roubo- chegará desta volta ás pantallas coa imaxe do actor Carlos Blanco. Francis Lorenzo será o comisario e María Vázquez a inspectora. A catedral de Santiago será un dos escenarios da serie que conta con guión de Gonzalo Velasco. 

Ademais dos actores e actrices que representarán ás principais personaxes da trama, no elenco de “Códice” estarán tamén Tamar Novas, Mónica Camaño, Luís Iglesia, Xulio Abomjo, Manuel Manquiña, Camila Bossa, Alfonso Agra, Manolo Cortés, Luís Zahera, César Cambeiro, Sabela Arán, Xosé Barato ou Antonio Mourelos.

Comentarios