Accésits: Iris Maria Gey López e Enma Pedreira

Miguel Anxo Martínez Oubiña, Premio Modesto R. Figueiredo

O xurado vén elixir Miguel Anxo Martínez Oubiña gañador do XLII Certame Nacional de Narracións Breves Premio Modesto R. Figueiredo, organizado pola Fundación Padroado do Pedrón de Ouro. Aliás, concedeu dous accésits ás obras de María Gey López e de Enma Pedreira.

20170107 PREMIOS MODESTO R FIGUEIREDO (2)
photo_camera [Imaxe: Concello de Lalín] Xurado

A vinganza de Valdedeus valeulle ao escritor e xornalista Miguel Anxo Martínez Oubiña o Premio Modesto R. Figueiredo, organizado pola Fundación Padroado do Pedrón de Ouro, que nesta ocasión acolle o Concello de Lalín.

Nun comunicado de imprensa, a concelleira de Cultura, Lara Rodríguez, que formou parte do tribunal, salienta a “unanimidade na escolla”. O relato do premiado resultou, segundo a edila, “o favorito de todos os representantes cando se fixo a posta en común”. O texto vencedor do que se considera o certame literario máis antigo de Galiza está dotado cun premio en metálico de 1.000 euros.

Aliás, o xurado concedeu dous accésits -dotados con 400 euros cada un- ás autoras Iris Maria Gey López por Cranios privilexiados. E a Enma Pedreira, por Poder de alumear.

A entrega dos premios terá lugar o día 3 de febreiro ás 20.30 horas, na Biblioteca municipal Varela Jácome.

Composición do xurado

O xurado que seleccionou as obras estivo formado polo escritor Carlos Negro, por Adolfo Caamaño, do Pedrón de Ouro, por Luís Menéndez, do Pen Club, por Lara Rodríguez Peña, en representación do Concello e por David Otero, secretario de O Pedrón de Ouro, con voz pero sen voto.

En total, presentáronse ao concurso 75 traballos. Os relatos elixidos son publicados nun libro cada dúas edicións.

Comentarios