Palabras con memoria: Microcosmos de insectos

ESCORNABOI VACALOURA

bampiola.- Bolboreta.

Lugar de escoita.- Arteixo.

Fonte.- Xulio López Valcárcel.

biouba.- Mosquito (dos que se meten nos cuartos en verán, de patas longas e sonoro zunido).

Lugar de escoita.- A zona de Amoeiro (Ourense).

Fonte.- Carlos Manuel Gómez Bóveda.

comandas.- Vacaloura.

Lugar de escoita.- Bastavales (Brión).

Fonte.- Josefa.

Outros apuntamentos.- Centro de Día de Rois.

cortana.- Insecto velenoso de grande tamaño, de cor parda, máis estilizado que a vacaloura. Segundo o dito: "Se che pica unha cortana, vai chamar ao da sotana".

Lugar de escoita.- As Mariñas.

Fonte.- Xosé Luís Martínez Pereiro.

pampoia.- Bolboreta que pica o millo.

Lugar de escoita.- Concello de Cee.

Fonte.- Concha Blanco.

tabelas.- Tabao pequeno.

Lugar de escoita.- Cervantes (Lugo).

Fonte.- Suzana do Páramo.

vellarreza.- Barbantesa, parraguesa.

Lugar de escoita.- Santa Mariña (Covelo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

Comentarios