A Mesa publica a conferencia que deu Carvalho Calero no encontro fundacional desta organización

‘Situaçom presente e orientaçom futura dos problemas gerais da nossa língua’ é o título da palestra que ofreceu no ‘Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística’, ‘en 1986.

CarvalhoCalero_1
photo_camera CarvalhoCalero_1

A Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) publica a conferencia Situaçom presente e orientaçom futura dos problemas gerais da nossa língua que Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado no Día das Letras do 2020, ofreceu no encontro Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística, que en 1986 frutificou na creación da entidade de defensa dos dereitos lingüísticos. As persoas interesades poderán mercar o volume, que ten un prezo de 3 euros e que tamén inclúe as resolucións finais do encontro onde se acorda crear a Mesa, nas librarías e quinta feira, 25 de xullo, no Festigal. A partir do mes de setembro estará dispoñíbel, tamén, na web da Mesa.

carvalho calero

22 de xuño pasado o plenario da Real Academia galega (RAG) deu luz verde á homenaxe a Carvalho Calero con 21 votos a favor, un voto en branco e outro en contra. Na rolda de imprensa posterior ao plenario, Freixanes cualificou o ferrolán como "un dos grandes intelectuais da cultura galega do século XX" e lembrou o seu papel na redacción do anteproxecto do Estatuto do 36 e que foi o primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega, en 1972. Aproveitou para reivindicar a recuperación da casa natal do homenaxeado.

O nome de Carvalho Calero figurara en até sete ocasións como finalista para recibir a homenaxe do Día das Letras Galegas. Moitas destas iniciativas estiveron arroupadas por comisións populares e entidades culturais como Medúlio e Artábria, de Ferrol, ou a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, da Coruña, que se teñen manifestado publicamente para recoñecer un dos máis grandes vultos das nosas letras.

Comentarios