A mesa do Congreso suspende os deputados independentistas presos

Cos votos de PSOE, PP e CS. Os letrados da Cámara baixa avalan a medida amparándose no artigo 384bis da Lei de Axuizamento Criminal.

oriol junqueras ERC congreso

A Mesa do Congreso decidiu esta sexta feira, último día de campaña, suspender "automaticamente" os deputados cataláns presos (Oriol Junqueras, Josep Rull, Jordi Sànchez, Jordi Turull), tal e como recomendaba o informe xurídico dos letrados e letradas da Cámara. Os dous representantes de Unidos Podemos terían amosado o seu desacordo coa decisión alegando “falla de tempo”, segundo recollen diversos medios madrileños.

A suspensión “automática” como deputados para estes catro electos en prisión tomouse após unha hora de xuntanza e en medio de días de tensión por este tema, con PP e Cs afirmando que de non se adoptar a suspensión pedirían a dimisión da presidenta, Meritxel Batet.

Nestes días houbo un debate sobre quen e como debía tomar a decisión de suspender estes catro deputados electos nas urnas, se o Supremo ou a mesa do Congreso. Poren, non houbo nin mediática nin politicamente a nivel de Estado un debate sobre se tiñan dereito a seguir nos seus cargos, o que si se deu en Catalunya, coa participación de avogados, xuristas e exparlamentares. Voces deses sectores defenderon que estes catro presos preventivos debían seguir como deputados. 

Comentarios