A Mesa denuncia o “veto” do PP á súa comparecencia no Parlamento para defender a normalización do galego

 

"O veto non pode ser a única resposta a única proposta alternativa para a situación", lamenta Marcos Maceira, presidente da MNL.

 

Marcos Maceira Carvalho
photo_camera O presidente da Mesa, Marcos Maceira, nunha imaxe de arquivo.

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o “veto” do PP á comparecencia do seu presidente, Marcos Maceira, no Parlamento galego, en representación dos colectivos da comunidade educativa que elaboraron a Proposta de bases para a normalización do galego no ensino en Galiza.

"Por qué antepón o PP o medo a debater e escoitar unha proposta da sociedade sobre o galego ao regulamento do Parlamento galego?", pregúntase Maceira. “As entidades promotoras levan desde outubro esperando seren recibidas polo conselleiro de Educación para exporlle a proposta", remata, "o veto non pode ser a única resposta a única proposta alternativa para a situación".

A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), Nova Escola Galega (NEG), Confederación de Anpas Galegas, Confederación Intersindical Galega - ensino (CIG Ensino), Confederación Sindical Independente de Funcionarios- Ensino (CSIF- Ensino) e Sindicato de Traballadores/as do Ensino de Galiza (STEG), promotoras da proposta, insisten na conveniencia de aproveitar a oportunidade que supón a aprobación dunha nova lei educativa para introducir as mudanzas precisas para criar conxuntamente un novo marco para a normalización da lingua galega no ensino, "tal e como foi requirido polo Consello de Europa e como demanda a sociedade galega".

Comentarios