Medra a fenda salarial entre directivas e traballadoras

As directivas e directivos das empresas galegas aumentaron a diferenza salarial coas traballadoras en 2.600 euros no último ano.
Oficina bancaria (Deutsche Bank)
photo_camera Oficina bancaria (Deutsche Bank)

Os salarios na Galiza experimentaron crecementos superiores a 3% de media. Porén, o reparto foi desigual. As persoas a cargo de postos de dirección levaron a mellor parte, cunha suba de 4,9% de media nos seus salarios brutos. A pesar de que as traballadoras e traballadores tamén viron incrementadas as súas retribucións en 5,42%, a fenda entre empregadas e directivas faise máis acusada con respecto ao ano anterior. As persoas expertas apostan en mellorar a cualificación das traballadoras para reducila. 

Por sectores, a banca é o sector que mellor remunera ás súas directivas, un feito que chama a atención dos autores do informe Evolución salarial 2007-2019, elaborado pola escola de negocios EADA Business School e ICSA Grupo, sobre todo tendo en conta a reestruturación financeira, que desde 2007 eliminou máis de 100.000 postos de traballo no sector.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios