Medra o desemprego na Galiza mentres cae no Estado español

Segundo as cifras do Ministerio de Traballo o noso país sitúase como o territorio no que máis aumenta o paro rexistrado en decembro.

Galiza sitúase á cabeza no incremento dos dados de paro rexistrado. Segundo os dados feitos públicos polo Ministerio de Traballo no noso país aumentou en 3.650 persoas a respeito do mes de novembro. Entrementres, no conxunto do Estado español a cífra reduciuse en 55.790 persoas. 

Galiza sitúase á cabeza no incremento dos dados de paro rexistrado. Segundo os dados feitos públicos polo Ministerio de Traballo no noso país aumentou en 3.650 persoas a respeito do mes de novembro. Entrementres, no conxunto do Estado español a cífra reduciuse en 55.790 persoas. 

Na comparativa interanual a cifra descende en 23.110 persoas

En total o número de persoas demandantes activas de emprego na Galiza sitúase en 228.808 persoas sendo Pontevedra (90.962) e A Coruña (89.920) as provincias que maior número de desempregadas rexistra. Mentres que Ourense (25.230) e Lugo (22.696), as que menos, embora incrementárense as cifras en todas elas en relación ao mes anterior. 

De 877.834 contratos asinados na Galiza, o 92,61%, é dicir, 812.995, son temporais

O 92,61% dos contratos son temporais

O desemprego rexistrado continúa a atinxir máis as mulleres (121.894) que os homes (106.824). Por sectores, os servizos encabezan os dados do paro (144.470), seguidos da industria (28.852), a construción (28.141) e aquelas persoas que se atopaban xa sen emprego anterior (18.116) e a agricultura (9.229). 

A precariedade continúa a consolidarse. Así, en decembro asináronse 68.646 contratos. O 0,85% máis que en novembro e o 16,16% máis a respeito do mesmo período hai un ano. A maior parte (64.241) teñen un carácter temporal. Da mesma maneira, en relación ás cifras acumuladas dos 877.834 contratos asinados na Galiza, o 92,61%, é dicir, 812.995, son temporais.  

Desde a CIG alertan do risco de exclusión social dos desempregad@s que a esta altura xa non cobran ningún tipo de prestación. Un total de 110.815, que representan o 51,8% -máis da metade-  do conxunto de desempregad@s

Comentarios