Máximos históricos para o prezo da luz

Luz eléctrica

O prezo horario da electricidade para as persoas consumidoras acollidas á tarifa regulada entre as 19.00 e 20:00 horas desta segunda feira. Unha situación impulsada pola menor achega de centrais hidráulicas e o maior peso dos ciclos combinados. O principal motivo da suba foi o custo dos servizos de axuste, cuxa finalidade é adaptar a oferta de enerxía eléctrica á demanda de cada momento.

Ás 19:00 horas os ciclos combinados achegaban 32,8% da enerxía xerada e as plantas de carbón, 15%. Pola contra, a enerxía hidráulica apenas representaba 5,1 % do total, e a eólica, 8,3 %.

O Ministerio de Enerxía considera que o prezo rexistrado nese tramo horario -182,54 euros por megavatio hora- é un fenómeno "puntual" e "anómalo".

Até agora o prezo horario máis alto deste ano para os consumidores acollidos á tarifa regulada fora entre as 21:00 e 22:00 horas do pasado 25 de xaneiro. 

Comentarios