Comercio de Ferrol

En Marea apoia o mercado local fronte os acordos internacionais de libre comercio

Desde a cidade de Ferrol comprometeuse Lidia Senra a traballar no Parlamento Europeo en defensa do comercio local fronte os tratados internacionais de libre comercio como o TTIP, TISA ou CETA.

Lidia Senra no local de Marea de Ferrol
photo_camera Lidia Senra no local de Marea de Ferrol
A coalición En Marea-Compromiso por Europa mantivo un encontro en Ferrol con comerciantes dos tres mercados da cidade: A Magdalena, Caraza e Recimil. No desenvolvemento deste acto, a candidata ao Parlamento Europeo, Lidia Senra, defendeu como impulso necesario para o mercado local a comercialización do produto de proximidade.

 

A este respecto, afirmou que traballará na eurocámara por unha Unión Europea que poña no primeiro plano o comercio e os mercados locais e de proximidade fronte os acordos internacionais de libre comercio. Nese sentido, lembrou a súa posición contraria ao  Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións (TTIP), ao Acordo en Comercio de Servizos (TISA) e ao Acordo Integral sobre Economía e Comercio  (CETA). “O noso compromiso é seguir pelexando neste sentido durante os próximos 5 anos”, afirmou a eurodeputada.

“Todo o mundo sabe que o 26M hai eleccións municipais, pero moita non sabe que hai tamén ao Parlamento Europeo”, lamentou Senra

Defensa das pensións

En canto ao sistema público de pensións, a candidata de En Marea-Compromiso por Europa anunciou que seguirá loitando para que “ningunha persoa entre na pobreza unha vez que chega ao remate da súa vida laboral” e demandou pensións dignas que garantan calidade de vida para todas as persoas.

Chamamento ao voto

Senra realizou tamén desde Ferrol un chamamento ao voto para este domingo e sinalou que o 80% das decisións políticas que afectan directamente as persoas tómanse na UE. “Todo o mundo sabe que o 26 de maio hai eleccións municipais, pero moita non sabe que hai tamén ao Parlamento Europeo”, lamentou Senra.

Comentarios