Marcha a pé do persoal de Alcoa San Cibrao en apoio aos compañeiros da Coruña e Avilés

Convocados polo comité de empresa, traballadores da factoría de Alcoa en San Cibrao marcharon esta segunda feira a pé de Cervo até Burela cun duplo obxectivo: mostrar a solidariedade para cos compañeiros das plantas das Coruña e Avilés, que a empresa quer fechar; e demandar unha tarifa enerxética “xusta”.

marcha alcoa san cibrao

“Peches non, enerxía solución: por un prezo da enerxía xusto para todos” era o lema que encabezaba a faixa que presidiu a marcha a pé e na que participaron representantes de sindicatos e de organizacións como En Marea, PSdG e BNG.

Esta segunda feira, a partir das 17:30, haberá na Coruña unha ‘marcha obreira’ en apoio aos traballadores e traballadoras da factoría ubicada nesta cidade e que están ameazados por un despedimento colectivo.

Comentarios