Maragall ofrece agora unha alcaldía rotatoria a Colau

Unha xogada de última hora e un tanto á desesperada, após os comúns ter na práctica feito un acordo co PSC. É o que tenta Ernest Maragall, o candidato máis votado o 26M. Ofrécelle a Colau rotar na alcaldía, dous anos cada un.

Ernest Maragall
photo_camera Ernest Maragall

Antes de se abrir paso o acordo entre BeC e PSC —que para se viabilizar precisaría o apoio dos tres votos de Valls no salón de plenos— Maragall non contemplaba o escenario dunha alcaldía rotatoria por non a considerar coherente co veredito das urnas.

Maragall vese agora fóra do despacho de primeiro edil da capital catalá e, nun último aceno, propón a Colau pór o contador a cero. Un bipartito ao 50% e unha alcaldía rotatoria.

A oferta non ten visos de prosperar, tendo en conta que as bases de BeC están a votar neste momento nun referendo interno se pactan con ERC (sen alcaldía) ou co PSC (con alcaldía).

Comentarios