Novos títulos da colección Verdemar de álbums ilustrados

Mar quere peixes e non xoguetes

Mar é islandesa e mar quere peixe. Non quere xoguetes, non quere roupa, quere peixe. Por algo naceu e vive nun país pesqueiro. A súa historia protagoniza o conto infantil ilustrado Quero peixe!, de Áslaug Jónsdóttir, orixinal de 2007 e agora publicado pola editorial Alvarellos en galego.

page-quero-peixe-alvarellos2019
photo_camera Ilustración para 'Quero peixe!' do islandés Áslaug Jónsdóttir. Imaxe: cedida.

“A historia reflicte a frustración dunha nena cuxos pais non chegan a entender o que ela pide”, explica a nota editorial. Quero peixe! é, canda Había unha vez un neno, do australiano Dub Leffler, unha das novidades da colección Verdemar dedicada aos álbums ilustrados para crianzas.había unha vez un neno

“Unha historia conmovedora e universal sobre a amizade”, resume Alvarellos o volume de Leffler, quen explica o seu traballo así: “Escribín Había unha vez un neno para amosarlle a quen o lea que os nenos tamén teñen sentimentos -igual que as nenas- e que outras persoas tamén nos poden facer dano, e non pasa nada, sobre todo cando deixas que as amizades che boten unha man cando te sentes tristes”.

A última fornada de Verdemar complétaa A miña familia. 3+1=7, con texto da quebequesa Isha Bottin e ilustracións do belga Gaspard Talmasse. “Inspirado nunha historia real, este libro recolle as pequenas dificultades e grandes ledicias dunha familia un chisco diferente ás demais”, di a editora.

Comentarios