O maquinista atendía unha chamada laboral de Renfe no momento do descarrilamento

Francisco J. Garzón recibiu dous minutos antes do sinistro unha chamada de Renfe no seu teléfone profesional para darlle indicacións. A caixa negra revela que o comboio enfilaba a curva a 192 quilómetros/hora. O conductor activou o freo segundos antes da catástrofe,mais o tren saiu da vía a 153 quilómetros por hora

Tren, angrois, accidente
photo_camera Tren, angrois, accidente

O maquinista do Alvia estaba a falar cun controlador de Renfe no momento do descarrilamento. Así se desprende das conversas recollidas nas dúas caixas negras do Alvia accidentado, e que nesta terza feira foron volcadas e transcritas nos xulgados de Compostela. Nesa conversa, e segundo se sinala desde o TSXG, o maquinista estaría a falar co operario da compañía sobre un plano ou papel, recibindo indicacións do camiño a seguir até chegar a Ferrol.

No informe afírmase que "minutos antes da saída de vía (o maquinista) recibiu unha chamada no seu teléfono profesional para indicarlle o camiño que tiña que seguir o chegar a Ferrol". A conversa mantíñase após recibir, 2 minutos antes do sinistro, o maquinista unha chamada no móbil corporativo de Renfe. Cómpre lembrar que na cabina dos comboios hai un sistema (coñecido como tren-terra) que é o que se emprega para estas situacións.

Segundos antes do accidente activouse o freno, reducindo a velocidade de 192 a 153 quilómetros no momento do descarrilamento

No propio manual de Renfe sobre uso de móbiles limítase o seu uso (e sempre o corporativo, o persoal está prohibido) a circunstancias moi específicas. En xuño de 2012, Renfe emite unhas recomendacións nas que limitaba o uso a tres supostos: emerxencias, averías e por fallo do sistema de cabina. 

O tren Alvia circulaba a 192 quilómetros por hora intres antes de descarrilamento, e activouse un freno, reducindo a velocidade, de forma que no momento de saír da vía esta era de 153 quilómetros por hora.

O maquinista non falou da conversa na súa declaración perante o xuíz. Renfe nunca a mencionou nestes días

O freo activouse 250 metros antes da curva.

Comentarios