Manoel Rodríguez Alonso, in memoriam

O escritor Xosé Vázquez Pintor despide neste texto ao crítico literario Manoel Rodríguez Alonso, falecido a semana pasada en Madrid.

Bouvard e Pécuchet? Nese camiño aberto que percorre as luces da palabra vai de sempre silandeiro o rebusque dos  albores. E os ollares son así do alén de cada día en obra e as tantas outras  noites de suceso. A lus do candil  cadra paseniña de noso, tal é o agarimo do silencio para namorar a escrita. E son así  de seu as avenidas do fulgor e das faíscas que choutan, repenican, locen e asubían obra en marcha, aínda non feita e rematada. Sábeno de perto as matrias  e as estimas. E así, tal data de hoxe ou de mañá, alguén que nos quere agradecer de luz e de por sempre, arrisca un aturuxo no brado do silencio e medra axiña canda nós  outro namoro de obrador nas amencidas que axexan na procura o sorriso do Sol, ese aloumiño  das esferas. 


Caro amigo, Manoel Rodríguez Alonso, crítico aberto ás avenidas literarias de Galiza que soubemos tanto recoller  de agradecidos na túa luz de madrugueiro en moitas  légoas que traspasa a noite e sempre abrocha de volta a luz dos anos e dos días na agra aberta da mau que ti nos dás cabo de lonxe, en sempre cama un colo. Velaquí estás de autente. E aquel  sorriso na flor da túa páxina que sabes tanto ler, servir  e namorar a prol do tempo e do fulgor na Nosa Lingua. Contigo.

Xosé  Vázquez Pintor

Comentarios