Máis dun cento de persoas di "non" ás touradas en Triacastela

Na tarde de hoxe, coincidindo coa xornada taurina que tiña lugar en Triacastela, máis dun cento de persoas acudiu á chamada de antitaurinos para rexeitar as touradas na vila.

[Imaxe. @lugonovo]
photo_camera [Imaxe. @lugonovo]

Máis unha vila volve berrar contra as touradas. Nesta ocasión, a concentración, na que participaron máis dun cento de persoas, tivo lugar en Triacastela, coincidindo coas corridas de touros.

Participantes na mobilización, que se desenvolveu ao pé da praza de touros, denuncian que os taurinos regalaron entradas en Sarria para impedir o fracaso das touradas en Triacastela. Precisamente, segundo denuncian as persoas convocantes da protesta, a empresa que organizaba a tourada en Sarria foi a impulsora, co apoio do PP, da corridas de Triacastela.

Con berros de "Tauromaquia, abolición xa" ou de "Touradas, fóra da Galiza", as persoas participantes advertiron de que a "salvaxada" das corridas de touros nada pinta no país. Á chamada contra as touradas tamén responderon estabelecementos comerciais e hostaleiros da vila, que colgaron nos seus negocios cartaces cos lemas "este negocio non apoia as touradas".

Máis en Sociedade
Comentarios