Imprimir

Máis de 40 detidos e de 3.300 sancións en Galiza por incumprir o estado de alarma na primeira semana

Europa Press | 23 de marzo de 2020

[Imaxe: Nacio Digital] Operativo policial esta segunda feira en Barcelona.
[Imaxe: Nacio Digital] Operativo policial esta segunda feira en Barcelona.

Un total de 42 persoas detidas e máis de 3.300 propostas de sanción foron rexistradas en Galiza polas forzas e corpos de seguridade por incumprir o estado de alarma durante a primeira semana en vigor.

Diso informou a Delegación do Goberno nun comunicado remitido aos medios, no que destaca que nestas xornadas observouse un "elevado cumprimento" das medias establecidas polo Goberno para evitar a propagación do virus.

O delegado do Goberno en Galiza, Javier Losada, sinalou que a conciencia social sobre a importancia da emerxencia serviu para lograr un adecuado comportamento da poboación. Con todo, mostrou a súa preocupación polas máis de 3300 propostas de sanción realizadas polas forzas e corpos de seguridade do Estado, que detiveron 42 persoas con alto nivel de reincidencia.

En concreto, entre a Garda Civil, a Policía Nacional e as Policías Locais do sete cidades realizaron un total de 3.384 propostas de sanción.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/mais-40-detidos-3300-sancions-galiza-incumprir-estado-alarma-primeira-semana/20200323134825093619.html


© 2020 Nós Diario