Acusa a Colombia

Maduro sae ileso dun intento de atentado

[ACTUALIZADA ÁS 14,49h] Nicolás Maduro, saíu ileso tras ser vítima dun intento de atentado mentres pronunciaba un discurso en Caracas durante o 81 aniversario da Garda Nacional Bolivariana. O presidente de Venezuela acusa a Colombia do ataque, perpetrado con drons.

venezuela-atentado-maduro-1024x576
photo_camera Momento do ataque gravado pola televisión venezuelana

O presidente venezuelano, Nicolás Maduro, atópase “en perfecto estado de saúde”, segundo fontes gobernamentais, logo de ser vítima dun atentado mentres interviña no 81 aniversario da Garda Nacional Bolivariana, acto realizado en Caracas.

O ataque debeuse a detonacións por parte de drons con cargas explosivas que voaron perto da tarima en que se atopaba o presidente.

Sete persoas resultaron feridas logo do ataque, que se recolle nas imaxes en vivo que estaba a reproducir a cadea nacional.

Poucas horas despois do sucedido, Nicolás Maduro dirixiuse ao país para responsabilizar do ataque o seu homólogo colombiano, Juan Manuel Santos, e a grupos opositores que operan desde os EUA. “Intentaron asasinarme o día de hoxe e todo apunta á ultra dereita venezuelana e á ultra dereita colombiana, e o nome de Juan Manuel Santos está detrás deste atentado”, afirmou.

Segundo Maduro, os autores materiais do ataque foron detidos e están sendo procesados. Agregou que “os responsábeis intelectuais financistas” viven en Florida (EUA). Foi entón cando instou o presidente estadounidense, Donald Trump, a “combater os grupos terroristas que pretenden cometer magnicidio ou atentados contra países pacíficos, como Venezuela”.

Un grupo anónimo autodenominado "Soldados de Franela" adxudicouse o intento de asasinato e a través da súa conta de Twitter apuntou que o seu obxectivo era o palco presidencial, cun voo de dous drons cargados con explosivos, sinala TelesurTV.

Comentarios