Madrid zuga na canteira laboral galega

A marcha de traballadoras e traballadores galegos cara a outros territorios do Estado español acelerouse nestes últimos anos, nunha dinámica que ten Madrid como principal chuchador desa man de obra. Dos que abandonaron o noso país en 2017 case 36% tiveron como destino a capital do Estado. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 327 de Sermos Galiza.

madrid

3Hai un éxodo de traballadoras e traballadores galegos, persoas asalariadas que marchan a outros territorios do Estado español nunha dinámica que, após a paréntese marcada polos anos máis duros da crise, volveu intensificarse nos últimos tempos da man da ‘recuperación’ económica. A situación non deixa moito oco para optimistas: nos anos duros da recesión, paro ou emigrar fóra do Estado. Cando a crise dá certo respiro, emigrar a outros territorios do Estado con mellor dinámica laboral e económica que Galiza. 

En 2017 aumentou de forma considerábel o número de contratos asinados noutras autonomías a traballadores galegos e galegas. Un efecto chuchador de man de obra galega que ten o seu principal expoñente en Madrid. Esa comunidade autónoma rexistrou durante o ano pasado case 21.500 contratos a traballadoras e traballadores galegos. Unha cifra que supón un incremento de máis de 23% a respecto do exercicio anterior. Nos outros destinos principais que reciben man de obra de Galiza o aumento foi sensibelmente menor: 10% en Catalunya, 13% en Andalucía, 6% en Castela-León, por poñer tres exemplos.


 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 327 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios