Impedir a actual interpretación dos delitos de incitación ao odio é o propósito que persegue a proposición non de lei do BNG para modificar o código penal e derrogar a lei de seguridade cidadá, defendida no pleno desta cuarta feira por Luís Bará.
O parlamentar -que enfeitou a tribuna cunha estreleira- quixo simbolizar a súa defensa da liberdade de expresión -seriamente tronzada pola 'lei mordaza'- rachando unha fotografía de Felipe VI. "Isto [pola rotura da foto] é o ABC da democracia. Non a queimo porque estamos nun recinto fechado".
A resposta do PP a este acto simbólico do BNG veu da man do seu deputado Alberto Pazos, quen pediu á formación nacionalista que rachase as súas fotografías con Arnaldo Otegi, o líder da esquerda abertzale. E para dar exemplo -consciente de a súa petición ter pouco percorrido-, xa o fixo el propio desde a tribuna.
.@LuisBaraGz racha a foto de Felipe VI no Parlamento Galego para denunciar a criminalización de activistas sociais ao amparo da Lei Mordaza. 👏👏O BNG pediu, pide e pedirá a derrogación desta lei. ✊Pola defensa da democracia e os dereitos civís e políticos. #NonÁLeiMordaza💪 pic.twitter.com/A1jAaueWX1
— BNG (@obloque) 11 abril 2018
Noticia actualizada ás 18:48