Lugo celebra os XVI Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics Galiza


As probas celebraranse o 25 de novembro no Pazo provincial dos deportes organizadas por Special Olympics Galicia e FADEMGA (Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galiza)


O vindeiro domingo 25 de novembro Lugo acollerá os XVI Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics Galiza. Nesta edición, os xogos, organizados por Special Olympics Galiza e FADEMGA (Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galiza), e promovidos pola asociación ASPNAIS (Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo), en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación, servirán para render unha homenaxe póstuma a Pepe López, directivo de ambos os dous colectivos.

O xeito de participar nos XVI Xogos de Baloncesto formúlase a partir de catro categorías de idade: mínimos, infantís, xuvenís, absolutos e sénior; e cinco niveis de competición: un primeiro que se corresponde cun bo nivel de xogo, o intermedio, o inicial, e os dous últimos que contemplan as probas adaptadas, dirixidas a persoas con discapacidade intelectual con necesidade de apoio extenso e xeralizado.

Comentarios