Lorix, defensor de Pontevedrum fronte ao imperio PPromano

A banda deseñada feita por Kiko da Silva inspírase nos coñecidos Asterix e Obelix para misturar humor e política na campaña das municipais de Pontevedra.

lorix 1
photo_camera Unha mostra da obra de Kiko da Silva.

O BNG de Pontevedra presentou unha nova edición do 'Lórix Magazine', banda deseñada creada polo ilustrador Kiko da Silva. Un traballo presidido polo humor e no que se recuperan personaxes coñecidos como Lórix, Mosquérix, Raimúndix, Anabélix… pero incorpora novas figuras como Rafa Domingus ou A Xabarina da TVG, entre outros. Os e s nacionalistas indican que a banda deseñada “reproduce a vida na apacible cidade de Pontevedrum “poboada por irredutibles galegos” arrodeados polo imperio PPromano”.

lorix 2
Esta segunda edición do Lórix publicarase en dúas partes. A primeira xa está na rúa e o desenlace da historia coñecerase nunha segunda edición que verá a luz a vindeira semana. Ambas tiraxes serán de 20.000 exemplares cada unha.

A número 2 da candidatura, Anabel Gulías explicou que o obxectivo do BNG nesta aposta electoral é “facer unha campaña de sorrisos e unha aposta na creatividade”. Fernández Lores destacou que “na campaña era importante incorporar a creatividade e o sentido do humor”, e insistiu que “para nós (o BNG) isto non é nada anormal na forma de entender o mundo”.

lorix 4

Da Silva asegurou que o reto era “tentar sorprender con algo que xa fora sorpresa hai 4 anos”.  Afirmou que “foi unha volta de porca. Foi máis complicado e tamén máis divertido” e tiña claro que “había que continuar co Lórix porque xa é un clásico”.

Comentarios