Lores sinala na Cimeira de Madrid que para o cambio climático “non hai solución sen solucións políticas”

O alcalde pontevedrés participou nunha mesa redonda no cumio que está a decorrer en Madrid, onde explicou as chaves do coñecido como ‘Modelo Pontevedra’.

loRES cIMEIRA mADRID
photo_camera (Concello de Pontevedra)

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, participou esta cuarta feira na mesa redonda “Experiencias inspiradoras: urbanismo e clima”, enmarcada na Xornada da “Axenda Urbana e Cambio Climático” organizada polo Ministerio de Fomento no marco da Cimeira polo Clima COP25.

Lores reivindicou a acción e as solucións políticas para actuar desde o local e insistiu na necesidade de que “cada un, dentro da súa responsabilidade política, ten que exercer as súas competencias, pero non hai excusas para non tomar decisións porque nós demostramos que é posíbel”, e asegurou que a cidadanía valora a valentía política e puxo como exemplo os seus seis mandatos como alcalde. “Eu reivindico a política porque penso que non hai solucións sen solucións políticas”, acrecentou o rexedor

Na mesa redonda participaron representantes de catro cidades que teñen en común ter gañado o Premio Internacional de Dubai – ONU Habitat, como son Pontevedra, Málaga, Sevilla e Noaín -Navarra-, co obxecto de conectar o lema da COP25 ‘É tempo de actuar’ con modelos que son resultado de ter actuado xa desde hai tempo. 

Comentarios