Lores acusa o PP de custarlle máis de 8 millóns de euros a Pontevedra

O alcalde do BNG sinala que o concello pontevedrés continúa a pagar por sentenzas xudiciais herdadas dos gobernos populares 

lores
photo_camera lores

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acusou o PP de custarlle aos seus cidadáns máis de oito millóns de euros dende 1999 en sentenzas xudiciais “herdadas dos gobernos de PP”. Lores ofreceu estes datos logo de que o voceiro popular Jacobo Moreira culpara ao goberno nacionalista da cidade do Lérez do mesmo.

“Os cidadáns levan pagado máis sentenzas por asuntos herdados do PP que por todas as que se produciron nos 15 anos posteriores”, afirmou nunha información publicada polo xornal 'Pontevedra Viva'. Lores enumerou unha listaxe de sentenzas firmes e contrarias ao concello pontevedrés antes da súa chegada á alcaldía.

Lores enumerou unha listaxe de sentenzas firmes e contrarias ao concello pontevedrés antes da súa chegada á alcaldía

“A Grúa, a avenida de Vigo, Alfonso X, 12 de noviembre, Benito Corbal ou os perimetrais da Parda que seguimos a pagar aínda”, pormenorizou. Citou tamén outros exemplos que están pendentes de resolver o recurso, como o canon de Sogama, os casos de Veteris ou a humanización de Sercoysa en Campolongo.

Lores calcula que o gasto para o erario da cidade por estas infraccións supuxo xa máis de oito millóns de euros, rechazando así as acusacións da oposición popular.

Comentarios