Quinta feira ás 20.00 horas

O libro sobre o espolio de Meirás, en Tui

Como a familia Franco espoliou a veciñanza das Mariñas e adquiriu, pola porta de atrás, a propiedade de Meirás é o que relata o libro Meirás. Un pazo / Un caudillo / Un espolio, de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo. Esta quinta feira, 19 de abril, preséntase en Tui.
 

Pazo_de_Meirás_05
photo_camera O Pazo de Meirás.

Organizado polo Insituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo e mais pola fundación Galiza Sempre, o acto contará coa presenza do coautor Carlos Babío, coa escritora e membro do Instituto de Estudos Agrarios Marga do Val e con Manuel Vázquez de la Cruz, da asociación cultural Levada Libre. Será ás oito do serán na sala Xacobeo do edificio Área Panorámica da vila do Baixo Miño.

Meirás contén a máis minuciosa investigación sobre como o dictador Franco usurpou o pazo de Meirás -tratado como propiedade de Estado ate a súa morte en 1975- e o converteu, expuña Manuel Pérez nunha entrevista, “en centro de poder. Meirás era un lugar ao que acudir se se quería conseguir algo do Estado”.

Comentarios