Un libro con banda sonora

Tres pezas musicais para distintas escenas do libro compoñen a banda sonora de Os fillos do mar. Os creadores son antigos compañeiros de Pedro Feijóo, autor da novela, no grupo Lamatumbá. 

Pedro Feijoo
photo_camera Pedro Feijoo

Despois de ter gañado o Premio San Clemente e chegar xa a súa quinta edición, a exitosa novela de Pedro Feijóo continúa a dar noticias, desta volta da man de compañeiros do autor no grupo Lamatumbá que poñen música a escenas do libro. 

Polo de agora, son tres pezas musicais que se poden escoitar como fondo á narración da escena na voz do autor, Pedro Feijóo, un escritor que provén do mundo da música, presente tamén na súa obra. En Viva o Fu Remol! (Xerais), Feijóo achegaba unha crónica arredor do panorama musical galego. 

As escenas do libro musicadas pódense escoitar aquí. 

Comentarios