'Liberto', obra favorita nos María Casares

Un total de 16 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares, que este ano se desenvolverá o 26 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. 

maria casares
photo_camera O Teatro Colón, durante a última edición dos María Casares (Foto: AAAG).

Un total de 16 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares, que este ano se desenvolverá o 26 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. 

O espectáculo Liberto, de Marelas Producións, aspira a sete galardóns, mentres que Bernarda, de Malasombra, e  Fariña, de Ainé Producións, Undodez e Oqueteño Media, optan a cinco premios. Estes tres espectáculos, que acaparan o maior número de finalistas, disputaranse ademais o premio ao mellor espectáculo

Con tres finalistas, atópanse seis espectáculos: O empapelado amarelo, da compañía A quinta do Cuadrante; Despois das Ondas, de ButacaZero; Hemos venido a darlo todo, de Voadora; Vida de Cans, de Talía Teatro; MedidaxMedida, de Producións Teatráis Excéntricas; e Neorretranca e Posmorriña, do Centro Dramático Galego, que fica con tres finalistas.

Diplomas e trofeos

Así se deu a coñecer durante a tarde de onte en Compostela, durante a tradicional Festa de Finalistas, que tivo lugar no Auditorio da Galiza. 

O acto, que foi conducido por Mónica García e Rubén Porto, contou coa asistencia de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Miguel Diéguez, director da SGAE para o Noroeste, e Isabel Blanco, delegada de AISGE en Galicia.

As finalistas recibiron unha serie de trofeos e diplomas da man das representantes das institucións que patrocinan os galardóns do teatro galego, organizados pola Asociación de Actores e Actrices da Galiza (AAAG) dende 1997.

Comentarios