Sara Corral, candidata número 1 de CXG por Ourense

"Para os partidos estatais e parlamentarios delegados galegos non existiu Galiza"

Compromiso por Galicia preséntase na circunscrición de Ourense co liderado de Sara Corral Losada. A candidata número un ao Congreso afronta o reto electoral co obxectivo de dar voz ao pobo galego en Madrid e esixir a modernización e finalización das infraestruturas que Galiza precisa. Responde por correo electrónico o cuestionario formulado por Sermos Galiza.

sara corral
photo_camera Sara Corral

Que se xoga o pobo galego nas vindeiras eleccións do 28A?

O pobo galego xógase se pintamos algo no Estado, tendo identidade propia, e se nos enganchamos ao progreso ou se seguimos aumentando a lacra da despoboación.

Queremos atender as deficiencias que aínda temos no ámbito económico, no social e no empresarial

Queremos confiar en rematar a tempo aS infraestruturas básicas, así como atender as deficiencias que aínda temos no ámbito económico, no social e no empresarial.

Que lectura fai da lexislatura anterior a respecto de Galiza?

A lexislatura anterior foi a da inutilidade e submisión....sen ninguén que defendese a Galiza. Para os partidos estatais e parlamentarios "delegados galegos" non existiu Galiza.

Cales serían para vostede as tres principais problemáticas que afectan a Galiza?

A non finalización das infraestruturas vertebrais, que non exista unha forza galega sen dependencias inútiles de partidos con sede en Madrid, e que Galiza non conte nas grandes decisións de Estado.

Non temos peso nos sectores estratéxicos económicos

Non temos peso nos sectores estratéxicos económicos como son a pesca, o sector agroalimentario ou o monte. A industria galega non conta para xogar en igualdade de condicións no mundo empresarial, ademais de "regalar Abanca" ao sector financieiro galego.

Que deputada ou deputado sería referente para o seu labor no Congreso?

Gustaríanos alcanzar para Galiza o que conseguen para Euskadi os deputados do PNV, socios de CXG, e salientaría a Aitor Esteban.

Cal será a primeira iniciativa que defenderá no Congreso?

A primeira iniciativa debería saldar a débeda histórica con Galiza cun plan marco que afecte o remate de transferencias pendentes, que remate infraestruturas e que inclúa medidas concretas para os sectores económicos e sociais, poñendo a Galiza enriba da mesa, en igualdade coas nacionalidades históricas.

A primeira iniciativa debería saldar a débeda histórica con Galiza cun plan marco que afecte o remate de transferencias pendentes

Como ve as opcións de Compromiso por Galicia na cita electoral?

Esta cita electoral é moi importante para CxG. Sabemos que estamos no bo camiño e o feito de presentarmos candidaturas ao Congreso e Senado nas catro provincias vainos pór no mapa político onde se xoga o futuro.

Nese senso, imos traballar con moita ilusión e converter pronto CxG na voz libre da maioría das galegas e galegos no Parlamento.

Comentarios