VOLVENDO A ESCOITAR...

Leningrad Cowboys, "Total Balalaika Show"

O noso crítico recupera Total Balalaika Show de Leningrad Cowboys, "unha desas brincadeiras que están destinadas a pasar á historia do rock". 

Leningrad Cowboys
photo_camera Leningrad Cowboys


Leningrad Cowboys, Total Balalaika Show (Helsinki Concert),  (Plutonium, 1993)

Leningrad Cowboys é unha desas brincadeiras que están destinadas a pasar á historia do rock. Cando rumiaban a idea nun bar en 1986, nin Mato Valtonen nin Sakke Järvenpää, imaxinaron que ían acadar o éxito tal que eclipsara á que nese momento era a súa banda: Sleepy Sleepers.  En si, a  idea era sinxela, a peor banda de rock soviética da historia que facían versións e querían que o seu primeiro vídeo fora feito polo director finés, Aki Kaurismaki, o que deu coma froito a curtametraxe “Rocky VI” e unha historia de colaboración entre a banda e Kaurismaki que deu na longametraxe “Leningrad Cowboys Go America, (1989)”, trala cal a banda toma vida propia e comeza a gravar discos e a dar concertos.

"O éxito da banda foi tal que o en 1993, en Helsinki, deron un multitudinario concerto no que contaron cos membros do  Coro do Exercito Vermello".

O éxito da banda foi tal que o en 1993, en Helsinki, deron un multitudinario concerto no que contaron cos membros do  Coro do Exercito Vermello. A filmación deste histórico concerto foi dirixido polo propio Kaurismaki e editada  en 1994 unha versión de 54 minutos do concerto. A edición de audio pola súa banda, era un dobre CD que recollía a versión integra do concerto e foi editado en 1993.

Dende o principio do concerto con “Finlandia”, de Sibelius, embarcamos nunha ecléctica viaxe ao mundo dos Leningrad Cowboy, nos que a mistura de clásicos do rock como “It's only rock and roll” mistúranse con temas tradicionais rusos como “Kalinka” ou “Remeiros do Volga” nos que se pon en primeira liña a  potente voz de tenor do Coro. Arranxos increíbeis nos que sorprenden as notas do himno da URSS no medio do retrouso de “Gimme all your lovin'” ou escoitar a praza de Helsinki tararear o “Polyushka Poyle”, xunto con unha coidada posta en escena na que impresiona a presenza física e vocal dos 150 membros do Coro do Exército Vermello. 

Un disco imprescindíbel para ter e hoxe, un bo día para volver a escoitalo... ou descubrilo se nunca antes o escoitaras.

Listaxe de temas

CD1
1. Finlandia 
2. It's Only Rock'n'Roll 
3. Let's Work Together 
4. Volga Boatmen 
5. Happy Together 
6. Yellow Submarine 
7. A Cossack Was Riding Beyond The Duna 
8. Proud Mary 
9. Delilah 
10. Katjusha 
11. Dancing In The Street 
12. Knockin' On Heaven's Door 

CD2
1. Oh, Field 
2. Sweet Home Alabama 
3. Kalinka 
4. California Girls 
5. Gimme All Your Lovin' 
6. Those Were The Days 
7. Dark Eyes 
8. Stairway To Heaven 
9. Glory Hallelujah 
10. Just A Gigolo


Leningrad Cowboys na rede:
Web: www.leningradcowboys.fi
Facebook: http://www.facebook.com/leningradcowboys
Twitter: http://twitter.com/CowboysOfficial

Comentarios