A Lenda da Torre de Quitapesares, en banda deseñada

Publícao Segredos de Pantón e a autoría é de ‘El Fisgón Histórico’ un recoñecido debuxante de temática histórica.

panton lenda

Unha investigación do colectivo ‘Segredos de Pantón’ foi quen de determinar a localización exacta da ‘Torre de Quitapesares’, unha edificación da primeira metade do século XV mandada construír polo Duque de Arjona nun lugar entre os ríos Sil e Miño e ao pé do Camiño Real. Estaba na Torre de Vilamirón.

Unha torre rodeada de historia e de lendas que desde Segredos de Pantón apostaron en expresar agora en banda deseñada. Para iso, botaron man do recoñecido debuxante de temática histórica ‘El Fisgón histórico’.

“Na aldea da Torre de Vilamirón conta un señor, Raúl, a lenda sobre a Torre de Quitapesares. Unha raíña de España desaparecéralle o seu fillo, buscándoo e buscándoo atopouno aquí e mandou construí runha torre chamándoa Torre de Quitapesares, ao quitarlle os seus males ao atopalo”.

Comentarios