Julián Hernández como solista da Real Filharmonía de Galicia

As políticas de apertura da música clásica levan a eventos tan sorprendentes como un concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida polo boirense Diego García, con Julián Hernández, de Siniestro Total, como cantante solista. 

julian_hernandez-h
photo_camera julian_hernandez-h

Este é o segundo concerto da tempada de música clásica de Afundación. O recital, composto por obras de Musgrave, Antheil e Gruber, terá lugar o xoves 22 de outubro ás 20.30 h. no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). 

Julián Hernández é cantante, guitarrista e compositor de Siniestro Total, pero é máis descoñecida a súa versión clásica: gañou numerosos concursos internacionais de piano, entre eles, o Queen Elisabeth Competition de Bruxelas en 2007. 

Outro dos protagonistas da noite será Diego García, nado en Escarabote, e un dos directores de orquestra mozos de Europa con máis proxección. Estudou dirección orquestral, piano e canto na cidade alemá de Dresde e recibiu o premio da Fundación Herbert von Karajan (Berlín). Desde o 2013, a Real Filharmonía de Galicia conta con el como principal director convidado, e ademais é o director titular da Orquestra Sinfónica do Porto Casa da Música e director musical da Orquestra de Solistas Europeos de Luxemburgo. Está moi solicitado como director invitado en toda Europa e América. 
 

Comentarios