Jhonson&Jhonson paraliza o seu ensaio de vacina contra a Covid-19

Un participante nas probas da terceira fase sufriu unha doenza inexplicábel. Están a someter a esa persoa a distintas probas para determinar o sucedido.
EuropaPress_3344860_investigadora_laboratorio_desarrolla_vacuna_rusa_contra_coronavirus_spuntik
photo_camera Outras vacinas como a rusa non provocaron reaccións adversas nas pacientes. (Foto: Europa Press)

A multinacional estadounidense Jhonson & Jhonson anunciou a paralización dos ensaios da fase tres da súa vacina contra o coronavirus como consecuencia da enfermidade “inexplicábel” dun participante nos mesmos.

A compañía farmacéutica sinalou que “detemos temporalmente a administración de novas doses en todos os nosos ensaios clínicos da vacina candidata contra Covid-19, incluído o ensaio da fase e Ensemble debido á doenza sen explicación dun participante no estudo”.

Ademais, afirmou que “a doenza do participante está sendo revisada” por médicos independentes. “Estamos aprendendo máis sobre a doenza deste participante e é importante ter todos os dados antes de partillar información adicional”, subliñaron as mesmas fontes.

Porén, a farmacéutica quixo deixar claro que "os efectos adversos forman parte de calquera estudo clínico, especialmente naquelas probas a grande escala". 

Coa intención de sacar á venda o primeiro lote a principios do próximo ano, Jhonson & Jhonson  iniciou esta fase das probas o 23 de abril. Ten preto de 60.000 voluntarios por todo o mundo. Aínda así, o groso das e dos suxeitos que están a probar a vacina ou un placebo están en países como Sudáfrica, Perú, EUE, México e Brasil.

Antecedentes

Jhonson & Jhonson non é a primeira farmacéutica obrigada a suspender os seus ensaios por problemas de saúde dos participantes, no mes de setembro Astra Zeneca vaise atopar nunha situación semellante.

Neste sentido, desde a multinacional estadounidense agardan continuar en breve coas súas probas.

Comentarios