Opinión

Jaro

[Xesús M. Piñeiro]

Doce cidadás galegas e galegos van sentar esta segunda feira no banco dos acusados da Audiencia Nacional a raíz da ‘Operación Jaro’ e baixo acusacións tan graves como “pertenza a organización criminal” ou “ enaltecemento do terrorismo”. A Fiscalía pide para estas 12 independentistas máis de 100 anos de prisión, multas de miles de euros e sitúa no disparadeiro a ilegalización de Causa Galiza e Ceivar.

O xuízo chega 5 anos despois da primeira ‘Operación Jaro’. Unha ampla listaxe de organizacións políticas e sindicais, colectivos cidadás e culturais ou entidades sociais e deportivas, entre outras; denuncian que este proceso é “un atentado contra o dereito de asociación política e a liberdade de opinión e expresión do pobo galego”.
O arquivo da causa e a absolución dos procesados é unha demanda mínima que ao longo destes meses foise formulando e medrando desde aqueles sectores sociais que acreditan nun marco real de liberdades democráticas e de dereitos civís e políticos. 

Fronte á “montaxe policial e xudicial”, un “muro de solidariedade” que este domingo, día 18, tomará corpo en Compostela.

Comentarios