ELECCIóNS XERAIS

IxU lamenta ter sido excluída do acto de Mazarelos e sinala que a Marea si foi convidada

Iniciativa pola Unión lamenta que Anova, Esquerda Unida e Podemos a excluíran do acto no que foi presentado o pre acordo político entre as tres formacións sobre unha candidatura unitaria. A este acto, pola contra, si foi convocado o Encontro Cidadán por unha Marea Galega.

[Imaxe: @Anova_irmandade] Acto na praza de Mazarelos
photo_camera [Imaxe: @Anova_irmandade] Acto na praza de Mazarelos

Xavier Campos, membro da Coordinadora de Iniciativa pola Unión lamentou, en declaracións a Europa Press, que “non se nos convidara ao acto” convocado por Anova, Esquerda Unida e Podemos na tarde de onte en Mazarelos para presentar de maneira pública o pre acordo ao que chegaron as tres organizacións de cara a configurar unha candidatura unitaria ás vindeiras eleccións xerais.

O membro da Coordinadora de IxU sinalou que lle “chamou a atención” que, pola contra, os tres partidos políticos si convidaran o Encontro Cidadán por unha Marea Galega. Ademais, Campos lembrou que IxU convidou “todas” as forzas políticas á asemblea aberta organizada o pasado domingo no Auditorio de Galiza.

Comentarios