IU vota a favor de incorporar Resistencia Galega como grupo terrorista

A proposta foi presentada polo PP coa que solicitou á Cámara instar a UE a inscribir Resistencia Galega como grupo terrorista. A iniciativa contou co apoio expreso de Izquierda Plural (IU-ICV-CHa), CiU, PSOE e UPyD. A súa federación en Galiza rexeitou en numerosas ocasións a existencia de tal organización armada. 

cayo lara
photo_camera cayo lara

Esta cuarta feira o Congreso d@s deputad@s debateu unha poposición non de lei presentada polo grupo parlamentar popular na que instaba a Unión Europea a incorporar Resistencia Galega nunha listaxe de grupos terroristas elaborada polas institucións comunitarias. Segundo a deputada popular, Ana Belén Vázquez, no noso país teríanse producido "múltiples atentados" con "artefactos explosivos e incendiarios" dirixidos a "sedes de partidos políticos, organizacións sindicais ou empresariais, entidades financeiras, empresas e administracións públicas", así como, sinalou na súa intervención, "vivendas de persoas relacionadas co ámbito xudicial, universitario ou político". 

Aliás, na exposición de motivos, Vázquez apelou á recente sentenza da Audiencia Nacional española pola que se condenou a 4 independentistas galeg@s por "pertenza a organización armada". Sentenza, da que está pendente de resolver o recurso de casación presentado perante o Supremo pola defensa. Neste senso, cumpre lembrar que as catro persoas xulgadas negaron na vista oral a súa pertenza a organización armada algunha. 

Yolanda Díaz: "Non hai terrorismo en Galiza"

Neste senso, a iniciativa presentada pola deputada popular contou co apoio expreso d@s representantes da Izquierda Plural (IU-ICV-CHa), CiU, PSOE e UPyD que se sumaron á petición de incorporar a Resistencia Galega á listaxe de grupos terroristas elaborada pola Unión Europea. O voto favorábel de IU contrasta coas declaracións da súa federación en Galiza pois Esquerda Unida --integrada na coligación electoral AGE-- negou en numerosas ocasións a existencia de tal organización armanda. 

Mesmo a súa coordenadora nacional, Yolanda Díaz, foi taxativa ao respeito cando afirmou o pasado mes de xullo que "non hai terrorismo en Galiza".

Comentarios