Opinión

Isra-Hell: estado terrorista, oprobio da humanidade

Un asento

vai  invitar aos meus pasos libres

a que descansen

pra que él ande no meu lugar

e coñeza o sabor do correr co vento.

Ibrahim Nasrallah: poeta, novelista, profesor, xornalista, pintor e fotógrafo palestino residente en Xordania

Ás veces un ten que vomitar o que leva dentro, no canto de escribir documentada e razonadamente, para poder continuar dixerindo toneladas de información perturbadora. O palestino Ibrahim Nasrallah, por exemplo, fuxe a través da poesía e da novela a modo de exilio interior. Calquera de nós, mellor ou peor, xunta unhas letras e anímase a publicalas porque a realidade coñecida (sexa próxima ou lonxana, mais nada do humano pode ser indiferente…) bate forte e sen miramentos. Palestina é terra fértil, tamén en poetas e novelistas de ficción. Ten a lóxica toda: son máis de sete décadas sangrando unha terrible inxustiza. Das máis terribles que coñezamos.

Un inferno sen escapatoria, ou o máis similar a el, é o que o Estado de Israel leva instaurando pola forza todas estas décadas co lento e brutal martirio de Palestina nos territorios ocupados, icona da resistencia dos pobos do mundo a ser varridos do mapa, seguindo a ignominiosa listaxe do exterminio programado das culturas e modos de vida non-occidentalizados. Un exército xenocida que incumpre toda canta convención legal ou consuetudinaria houber sobre a “arte” da guerra ao longo dos tempos. Un proxecto imperial de dominación sustentado na peor e máis criminal das variantes do sionismo como movemento político.

Non é preciso ser un especialista en xeopolítica e relacións internacionais, nin coñecer a fondo un complexo e arrevesado conflito de fondas raíces históricas e implicacións relixiosas, económicas, políticas, sociais e ata civilizatorias para constatar a aberración na que consiste a práctica cotiá dun estado ilegalmente malnacido que trocou en punta de lanza do neofascismo internacional en pleno corazón do mundo árabe, berce de civilizacións, e que evolucionou a un estado agresivamente paranoico e incapaz de convivir cos seus veciños baixo as regras básicas do recoñecemento mutuo e a paz entre pobos. É ata debatible que, logo da Segunda Guerra Mundial e a historia de persecucións e inxustizas antisemitas cara o pobo xudeu, Israel, tal cal foi concibido como creación ex novo, tivera dereito á existencia. Ou, cando menos, á existencia nese espazo físico concreto e da maneira na que foi creado. É tamén debatible hoxe coa traxectoria aberrante que mantén, aínda que haxa consensos na Comunidade Internacional que o consagren. Acordos e consensos violados flagrante e unilateralmente no día a día. O que non é debatible, no absoluto, é que a conquista do seu dereito á existencia se poida lexitimar e fundamentar nas bases dos peores valores e praxes da condición humana: morte e destrución como divertimento, vinganza, cinismo, imperialismo e abuso de poder co máis feble. Non hai discusión posible.

A maldición histórica sufrida no pasado repítea á mantenta o Estado de Israel contra un pobo que resiste e se defende co que ten a man. Ás veces violentamente e outras, pacificamente. Violencia como exercicio de autodefensa, contra a violencia sistemática e gratuíta. Sempre coa mesma resposta: a vontade decidida de depuración para facerlle pagar polas aldraxes experimentadas en carne propia ao longo dos séculos. É unha conducta psicosocial amoral que se explica a través do trauma e o egocentrismo colectivo. Un pobo escollido por Deus. Nada pode saír bo.

A maldición histórica sufrida no pasado repítea á mantenta o Estado de Israel contra un pobo que resiste e se defende co que ten a man

 

A Franxa de Gaza é hoxe unha gaiola a ceo aberto onde sobreviven dous millóns de persoas confinadas nun rectángulo de 30x6 quilómetros cadrados: non é só a pobreza, o calor e a humidade asfixiante onde tres lados están valados e outro ten saída ao mar cun bloqueo marítimo por parte do exército máis avanzado tecnicamente do planeta, e dos máis fanatizados. Cando non apostan francotiradores en puntos estratéxicos para disparar indiscriminadamente contra todo o que se mova, e logo preguntar. É tamén que, durante 24 horas ao día, sobrevoan drones que emiten un zunido permanente imposibilitando o descanso (non hai dereito nin ao descanso!), cando non cuspen gases lacrimóxenos matando por asfixia e porque si a nenos, mulleres ou anciáns. Ou a xornalistas e voluntarios humanitarios… Converteron as terras dos palestinos nun gran campo de concentración, e no maior centro de torturas da historia contemporánea. En Austwichtz, cando menos, deixaban durmir.

Neste último mes, a raíz dos abominables acontecementos recentes onde se asasinaron a sangue fría a un cento de manifestantes pacíficos (e se feriron a máis de 3.000) durante a Gran Marcha do Retorno e, especialmente, nos feitos dos últimos días na véspera da Nakba-A Catástrofe, Israel e os Estados Unidos de América mostraron a súa verdadeira faciana. A complicidade covarde dunha Unión Europea sempre estéril, tamén. Como consecuencia disto tomouse a decisión de inflixir un castigo engadido, pois calquera que se achegue no sucesivo a un quilómetro do valado infame da vergoña corre serio perigo de morte: unha nena xogando para evadirse da realidade é susceptible de recibir un balazo na caluga. Porque si.

Sobrevoan drones que emiten un zunido permanente imposibilitando o descanso (non hai dereito nin ao descanso!), cando non cuspen gases lacrimóxenos matando por asfixia e porque si a nenos, mulleres ou anciáns

 

É incomprensible e inaceptable que a saída do Holocausto, no canto de levarnos a un estado evolutivo que puxera freo ás atrocidades deste calibre e significara unha reflexión e esperanza para a especie, tivera como resultado que os fillos e netos das vítimas se converteran nuns activos e sádicos verdugos á altura dos propios nazis ante a impasibilidade da maioría de países do mundo occidental e a protección da primeira potencia política, económica e militar do planeta. O poder do grupo de presión xudeu en Washington, nos grandes centros financieiros e conglomerados mediáticos e no complexo militar-industrial asegura a guerra permanente e a maquinaria abominable da conquista non só contra os palestinos, senón tamén contra o conxunto do mundo islámico (non así daqueles estados-títere árabes), considerados ideoloxicamente coma unha sub-especie e humanos de segunda categoría. Non hai mente que resista psicoloxicamente o que lle fan aos palestinos se non se sostén nun combinado de medo irracional amplificado e un potente adoutrinamento ideolóxico baseado no odio atávico que os negue coma seres humanos. Fascismo quimicamente puro.

As violacións sistemáticas dos dereitos fundamentais son o habitual, e a impotencia que isto provoca atravesa dolorosamente á humanidade consciente que aínda é quen de manter, a pesar de todo, unha mínima empatía cos seus semellantes. 

A esperanza da paz no Medio Oriente esfúmase unha vez máis, e a chegada do indescritible Donald Trump á cúspide do Imperio non fixo máis que botar gasolina ao lume coa ameaza de facelo saltar todo polo aire na rexión máis ferozmente castigada coa sempiterna disputa polos recursos imprescindibles para facer xirar a roda do capitalismo global. O traslado da embaixada dos USA a Xerusalén é unha provocación innecesaria, e unha decisión política condenada e rexeitada pola maioría dos países. Unicamente as petro-monarquías do Golfo e a satrapía de Arabia Saudita (aliada preferente do Reino de España) están cómodas nunha situación de hipotético (pero potencialmente perigosísimo) re-ordenamento do taboleiro naquel inestable teatro de operacións do que se alimenta a Yihad Internacional (¿que é terrorismo?, ninguén foi aínda capaz de definilo de maneira omnicomprensiva e satisfactoria) que golpea as cidades europeas e ten todas as de gañar en forma de lexitimación. Yihad que responde á destrución bélica e provoca milleiros de refuxiados que non queremos acoller, noutra derivada desta traxedia sen fin.

Non hai mente que resista psicoloxicamente o que lle fan aos palestinos se non se sostén nun combinado de medo irracional amplificado e un potente adoutrinamento ideolóxico

 

O conto é seguir engordando aos de sempre. Aos señores da guerra. Aos señores das finanzas. Aos señores dos grandes medios de propaganda masiva. Aínda que sexa negando á humanidade o dereito a ser libres, e felices. A Historia xulgará a Israel e aos seus cómplices severamente, situándoos no lugar da infamia. O que lle corresponde. E tamén a aqueles que o permitiron coa súa omisión e silenzo atronador.

Palestina non vencerá, mais xa venceu hai moito: será sempre unha referencia ineludible da heroicidade para aqueles que se negan a ser sometidos e espoliados. Para os que loitan pola súa liberdade, dignidade, emancipación e dereito a existir. Resistencia numantina. Resistencia palestina. Resistencia.

Comentarios