Opinión

As invisibles: Carne trémula

Os anos felices de vacacións low cost, cubatas e puterío devólvennos agora, como os cascallos dunha sinistra marea, a novela negra por entregas de episódicas e case silenciadas redadas contra a trata de brancas.

Os anos felices de vacacións low cost, cubatas e puterío devólvennos agora, como os cascallos dunha sinistra marea, a novela negra por entregas de episódicas e case silenciadas redadas contra a trata de brancas. Como unha nota a pé de páxina da necesaria actualidade.  Unha puntada na conciencia.

"Anoxa ver nas crónicas estes chulos despiadados e sen alma, profesionais do trinque e traficantes de carne, algúns a costa do erario público".

Anoxa ver nas crónicas estes chulos despiadados e sen alma, profesionais do trinque e traficantes de carne, algúns a costa do erario público. Máis aínda, ser testemuñas da escravitude dunhas mulleres, ás que non lles asisten conciencias que clamen cadea perpetua, nin quen as vingue cun escrache, moi entretidos coas nosas miserias domésticas.

A convivencia invisible con esta mancomunidade da miseria que tatúa un mapa quebrado en cada antro, promesas dun ligue máis falso que a prosperidade da terra prometida. Louriña meiga, mulata exótica, española exuberante. Asegurada a discreción.

Cando veñen, veñen como  rosas, co brillo do trópico esculpido e unha ollada limpa. Cando van, van como negras , co sorriso pálido, como o frío do solsticio de inverno. Palidecemos todos. De principios.

Comentarios