Nove investidores interesados nas plantas de Alcoa

Deberán concretar antes de fin de mes os seus proxectos para as factorías da Coruña e Aviles´.

 

alcoa imaxe. En Marea

Un total de nove investidores están interesados nas plantas de Alcoa na Coruña e Avilés. Nove ofertas  presentadas por empresas, grupos industriais ou fondos de investimento e que antes de que durante as vindeiras semanas teñen que concretar o seu proxecto para dar continuidade a estas factorías e manter o emprego.

Nun principio eran doce os interesados mais ese número reduciuse aos nove actuais. Hai propostas para reanudar a produción de aluminio primario e hainas tamén que apostan na reindustralización para producir outro tipo de produtos. Entre as primeiras estarían nomes como Liberty House e as españolas Cunext e BCT Metals, que son as que máis interesarían entre o persoal das factorías.

Antes de que finalice este mes terá lugar a ronda de visitas ás plantas de representantes deses investidores. Desde o Ministerio de Industria informouse aos representantes do persoal de que traballan no novo estatuto electrointensivoapós a advertencia da Comisión Nacional de Mercados. 

Comentarios