Intervidos 2.000 quilos de patacas en Ourel por proceder dunha zona afectada pola couza guatemalteca

pataca
photo_camera pataca

Axentes do Seprona da Garda Civil e persoal da Consellería de Medio Rural interceptaron perto de 2.000 quilos de patacas no concello de Ourol, comarca da Mariña, procedentes dun concello "infestado" pola couza guatemalteca.

Así informaron a Europa Press fontes da Garda Civil e Medio Rural, que indicaron que esta quinta feira as patacas foron intervidas nun camión nun control realizado na zona.

Por parte de Medio Rural, sinalaron que a pataca foi intervida porque procede dun concello "infestado" por esta praga, do que non se pode sacar este tubérculo porque "pode ​​estar contaminado".

Os 2.000 quilos de patacas intervidas almacenáronse en dependencias da Consellería do Medio Rural.

Comentarios