Opinión

Información complementaria sobre “Fariña”

A serie “Fariña” ten unha audiencia de 3,5 millóns de persoas, pero existe o perigo de que a xente quede ao final con historias menores: a mestría de Sito Miñanco conducindo as planeadoras; a denuncia de Laureano Oubiña contra a produtora por aparecer en escenas de sexo comprometidas; o cambio do día da procesión da Virxe do Carme para facilitar un desembarco de droga etc. Pero hai outras historias maiores, de moito máis calado político, que aínda non saíron: as doazóns de contrabandistas e narcotraficantes para o financiamento ilegal do PP.

O xornalista Perfecto Conde, que investigou as redes do tráfico de drogas ao final dos oitenta en varios reportaxes na revista Interviú e no libro La conexión gallega, del tabaco a la cocaína (Ediciones B), explica con detalle as reunións dos capos para debater sobre a súa contribución á Alianza Popular (AP) de Manuel Fraga: “Llegó a haber una famosa reunión de capos en el Parador de Cambados en la que se discutieron las aportaciones que había que dar para la campaña de Alianza Popular. Incluso hubo un disparo, pero uno de los presentes apartó el brazo del que portaba la pistola a tiempo, dirigió el arma hacia el suelo y alguien terminó con un pie perforado.

Por outra parte, Feijóo coñecía, segundo Perfecto Conde, os negocios de Marcial Dorado: “Me resulta difícil creer que un personaje como éste, que ocupaba cargos importantes, no leyese periódicos ni revistas en los noventa. Indudablemente, lo hacía. Tenía que estar al tanto de su vida, porque era conocida por todos. Esto parece una mala novela de misterio. Y si está siendo sincero, todavía peor, porque evidenciaría la ignorancia supina impropia de un gobernante. En todo caso, Feijóo no es precisamente un hombre que se relacione con los obreros de la Bazán, sino más bien un señorito... que confunde Andorra con Picos de Europa” (reportaxe de Henrique Mariño en Público, 3-4-2013).

Para completar a información da serie “Fariña”, copio e pego, sen actualizar, algúns datos do libro O perverso goberno de Feijóo, que publiquei en 2016 en Edicións Laiovento (é o libro que nunca existiu, pero que está aí).

Doazóns de contrabandistas e narcotraficantes

A militancia en AP, despois PP, de significados contrabandistas e narcotraficantes era de dominico público, e así foi publicado nos medios de comunicación. Tamén coñecemos que as súas doazóns ao partido chegaron a 1.000 millóns de pesetas entre 1980 e 1990. Entre os contribuíntes estaban: José Ramón Barral “Nené” (alcalde de Ribadumia polo PP entre 1983 e 2001), Luis Falcón “Falconetti”, José Ramón Prado Bugallo “Sito Miñanco”, Manuel Lorenzo “Ferrazo”, Marcial Dorado, Manuel Carballo Jueguen, Manuel Nieto, Vicente Otero Pérez “Terito” (significado militante do PP en Cambados, cacique da zona, histórico patriarca do contrabando de tabaco e amigo persoal de Fraga), Alfredo Bea Gondar (alcalde do Grove polo PP) ou Pablo Vioque (secretario da Cámara de Comercio de Vilagarcía). Todos eles reuníanse con frecuencia en Pontevedra con Mariano Rajoy, que era, daquela, presidente provincial do PP, segundo Novas de Galiza de xaneiro de 2011. Despois das detencións entre maio e xuño de 2001 de Pablo Vioque, antigo líder do PP en Vilagarcía e preso por narcotráfico (faleceu en 2008), e “Nené” Barral, era unha evidencia a relación entre os negocios desas persoas, a corrupción política e o financiamento ilegal do PP. Rafael Louzán, que chegou a presidir a Deputación de Pontevedra polo PP, entrou en política da man de “Nené” e ambos os dous tiñan intereses en varias empresas.

Era unha evidencia a relación entre os negocios de contrabandistas e narcotraficantes, a corrupción política e o financiamento ilegal do PP

 

Na campaña para as eleccións do Parlamento galego de 1990, cando Manuel Fraga chega á Presidencia da Xunta, o PP entregaba un bono coa foto de Fraga ás persoas que facían unha doazón de diñeiro ilícito, como recibo da súa contribución. “Don Manuel” reuníase con eles no restaurante Rosita de Cambados e no Altamira de Vilagarcía, onde os contrabandistas recibían os bonos e despois o tesoureiro do PP, Rosendo Naseiro, pasaba a recoller o diñeiro das doazóns (nesa época saía á luz pública o chamado Caso Naseiro sobre financiamento ilegal do PP, que se iniciaba por un pinchazo telefónico da policía nunha operación de narcotráfico). “Terito” foi un dos máis eficaces e colocou bonos por un importe superior a trinta millóns de pesetas. Este contrabandista sería condecorado polo partido coa insignia de ouro e brillantes do PP, segundo publicaba Novas da Galiza. Mais Feijóo non sabía nada.

O narcotraficante Laureano Oubiña, nunha entrevista no cárcere, declaraba: “A finales de los años setenta, cuando pasamos a la democracia que dicen que vivimos, ayudé a financiar a Alianza Popular, del señor Fraga, y a UCD, del señor Suárez. E igual que yo lo hicieron muchos empresarios más que estábamos metidos en el contrabando de tabaco”, como recollía Vanity Fair en xaneiro de 2011. Nin Fraga nin o PP presentaron unha denuncia no xulgado por estas gravísimas acusacións.

Así gañaba Manuel Fraga as eleccións

Difundiuse un discurso sobre Fraga de persoa honrada, traballadora, respectuosa coas leis, que estaba lonxe da corrupción e de actuacións ilegais. Mais os feitos indican que Fraga non só participaba, senón que dirixía a trama de corrupción do PP e recibía directamente doazóns de empresarios e particulares para o financiamento ilegal do PP. Rosendo Naseiro, que fora tesoureiro nacional do PP, tiña agochado un cheque por importe de medio millón de pesetas que Fraga recibiu en abril de 1989 e que dous días despois era ingresado na conta a nome do Partido Popular no Banco de Vitoria. Cartos que se dedicaban ao pago do gasto electoral das eleccións galegas de decembro de 1989, como recollía unha reportaxe de Antonio Ruiz del Árbol (Praza Pública, 11-5-2015).

Fraga non só participaba, senón que dirixía a trama de corrupción do PP e recibía directamente doazóns de empresarios e particulares para o financiamento ilegal do PP

 

No documento titulado Comentario al cierre del ejercicio económico de 1989, Naseiro explicaba que nese ano o PP encaixou “172 millóns de pesetas de déficit, motivado polas achegas que por valor de 500 millóns de pesetas enviou a Tesouraría Nacional do partido a Galicia para atender os gastos da precampaña e campaña galega”. Así gañou Fraga as eleccións, gastando na súa campaña das eleccións autonómicas máis do dobro do límite permitido pola lexislación vixente (o PP declarou ante o Tribunal de Contas un gasto electoral de só 199 millóns de pesetas).
Mariano Rajoy tamén coñecía este financiamento ilegal do PP porque era, daquela, o número dous do partido en Galiza, nunha campaña que dirixiu Dositeo Rodríguez. Ademais do diñeiro enviado desde a sede central do PP na rúa Génova de Madrid, o PP recibía doazóns ligadas ao mundo do contrabando, como recollía o artigo “Política de contrabando”  de Elisa Lois e Sonia Vizoso (El País, 7-4-2013).

Por outra parte, Alberto Ruiz Gallardón ratificaba este financiamento ilegal e recollía nun informe interno que entre o 30 de maio de 1989 e abril de 1990 o PP recibira 20,3 millóns de pesetas en doazóns que “corresponden a doantes coñecidos e identificados, que por razóns evidentes de discreción non se relacionan neste informe”. E os papeis que gardou Naseiro revelaban que entre marzo de 1987 e decembro de 1988 o PP ingresou 140 millóns de pesetas sen ningún tipo de control nin identificación (a metade desta cantidade, en efectivo), nunha conta opaca aberta no Banco de Fomento.

Tanto Cuíña como Fraga coñecían o financiamento ilegal do PP, segundo Pablo Crespo, secretario de Organización do PP de Galicia de 1995 até 1999: “Yo presentaba informes trimestrales –en los que certificaba los ingresos, los gastos y lo que restaba– a mi secretario general [Xosé Cuíña] y a mi presidente [Manuel Fraga]. Y cuando me marché, hice un informe global de mi paso por la secretaría de Organización, del que entregué una copia a Pepe Cuíña y otra, a Génova, a Álvaro Lapuerta. Otra copia la tengo yo”. Chama moito a atención que, despois de tantos anos de investigación, nin a policía, nin o xuíz, nin a opinión pública coñezan estes informes de Pablo Crespo.

Confirmada a existencia da caixa B do PP

No libro Indecencias e corruptelas  (outro libro que nunca existiu) que publiquei en 2015 en Corsárias Editora, recollo a existencia desa caixa B. Entre a documentación entregada por Bárcenas ao xuíz estaba unha carpeta co epígrafe “Galicia”. Nela aparecen as seguintes anotacións: entrega de “300.000 de OHL en campaña”; “ACS se compromete a 1 millóns de euros, ha dado 30.000 euros”; Ingr. 2006 en donat. (aproximadamente) 360 millóns de pesetas”; “FCC daba 50.000 euros/mes, va a dar 12.000 euros/mes + ayuda campaña”. Bárcenas finaliza cun balance de resultados: “Los empres. Siguen ayudando”. Tamén hai unha anotación que di: “”Congreso y Monte do Gozo, pagados” (neste monte celebrábase unha festa anual do PP de Galicia). Para non deixar nin rastro de financiamento ilegal e subliñar o carácter anónimo destas doazóns, Bárcenas anotaba: “Ojo, donat. Anoni.”

Segundo os apuntes de Bárcenas, entre 1990 e 2006 o PP de Galicia enviou a Madrid 6,06 millóns de euros en diñeiro negro (máis de 1.000 millóns de pesetas)

 

Miguel Ángel Piñeiro López, home de confianza de Mariano Rajoy, foi  xerente do PP de Galicia desde 1990 até 1996 e xogou un importante papel no envío de doazóns desde Galiza á oficina central do PP na rúa Génova de Madrid. Segundo os apuntes de Bárcenas, entre 1990 e 2006 o PP de Galicia enviou a Madrid 6,06 millóns de euros en diñeiro negro (máis de 1.000 millóns de pesetas). Non imos coñecer moitos detalles destas doazóns porque Piñeiro, que é cualificado no PP como “leal y discreto”, xa manifestou que “no voy a hablar, ni ahora, ni el el futuro”. [Segundo Álvaro Pérez “El Bigotes”, Piñeiro era unha das persoas que pasaban pola sede nacional do PP a “soltar el mondongo”, xuntamente con Ignacio López del Hierro y Castillo, esposo da ministra de Defensa, María Dolores de Cospedal. Os dous aparecen repetidamente nos “Papeis de Bárcenas” pero, sorprendentemente, non están acusados de nada, nin son citados a declarar].

Pablo Crespo, número 2 da trama Gürtel, confesaba a Jordi Évole no programa Salvados o 3 de novembro de 2013: “El 65% de la financiación del PP cuando yo era encargado de ella, era irregular”. “Toda la estructura del PP, incluyendo al señor Rajoy, conocía la forma de financiación”. Máis dun 80% das doazóns que percibe o PP proveñen de construtores de obra pública. Que se facía con ese diñeiro?: “En Galicia había sobresueldos no declarados; yo los repartí, lo hacía yo, sí claro. Yo sé los nombres de esas personas y eran dirigentes del PP en ese momento”.

Non perdamos a esperanza porque nos próximos capítulos de “Fariña” poderían  aparecer escenas dun xantar de confraternidade nun restaurante de Pontevedra coa participación de Mariano Rajoy

 

Non perdamos a esperanza porque nos próximos capítulos de “Fariña” poderían  aparecer escenas dun xantar de confraternidade nun restaurante de Pontevedra coa participación de Mariano Rajoy, daquela responsábel provincial do PP, e os contrabandistas e narcotraficantes que financiaban ilegalmente o PP; ou do noso extraordinario actor Manuel Lourenzo, é dicir, “Terito”, recibindo a insignia de ouro e brillantes do PP; ou non?

Un aviso para a produtora de “Fariña”: teñen a miña autorización para difundir esta información complementaria nas súas campañas de propaganda sobre a serie.
 

Comentarios