Opinión

Inevitable

Aprendemos moi cedo que todo remata. E que as cousas boas o fan o dobre de rápido. Iso é algo que nos queda moi claro cando rematamos a nosa primeira bolsa de caramelos. Pero incluso nas clases máis aburridas toca o timbre que marca o recreo. A vida é un conxunto de fíos que se superpoñen uns a outros creando unha rede. E cando un fío remata, comeza outro. 

Deberíamos esta xa afeitos, o noso día a día é un continuo cambio. Porén que todo o que comeza remate non o fai máis doado. Esa certeza non fai máis fácil erguerse cada día sen esa persoa ao lado, non te abraza pola noite mentres acariña o teu pelo. Sabelo non fai que non botes de menos o teu antigo traballo, os teus compañeiros. Non fai máis doado elixir carreira ou mudar de cidade. No fondo, non deixamos de ter esa esperanza de que algo sexa para sempre. 

Pero incluso nas clases máis aburridas toca o timbre que marca o recreo

 

E aínda que sexamos conscientes de que realmente non ía durar, de que había miles de cousas que non funcionaban, ás veces resulta máis sinxelo, menos doloroso, pechar os ollos e querer seguir cara adiante. Obviar as fendas que van aparecendo, facer como se nada. Porque mudar dá medo. Mudar é dubidar, é non saber que facer. É pechar os ollos e saltar ao baleiro. Sen paracaídas. Sen saber que nos está agardando alí abaixo. E porén non podemos evitalo porque, de facelo, deixaríamos de vivir.

Comentarios