Inditex bate récords de beneficio: gaña 734 millóns de euros no primeiro trimestre

As vendas aumentaron en 5% e abeiraron os 6.000 millóns de euros entre febreiro e abril.

Inditex
photo_camera Inditex

Inditex suma e segue. No seu primeiro trimestre fiscal, de febreiro a abril, gañou 734 millóns de euros, o que supón un aumento de 9,8%. Nese mesmo período as vendas incrementaron en 5% e foron de 5.927 millóns. En ambos os dous casos, Inditex bate récords para un primeiro trimestre, segundo os resultadospresentados esta cuarta feira.

Desde o grupo, dono de marcas como Zara, Bershka, Lefties, Maximo Dutti ou Stradivarius, entre outras, subliñan o medre de vendas en todas as zonas xeográficas, así como en cada unha das cadeas.  Ademais, a rendibilidade tamén continúa aumentando.

Inditex ten operativas en todo o mundo perto de 7.500 tendas e emprega máis de 92.000 persoas.

Pablo Isla, presidente do xigante téxtil, afirmou que estes resultados indican que o modelo Inditex continúa a medrar e consolidarse e o éxito dunha aposta “clara” por ofertar “moda de calidade” ao cliente.

Comentarios