Inditex prepara o ERTE para 25.000 traballadores e traballadoras

O expediente afectará o persoal de tendas físicas das marcas da firma, como Zara, Pull & Bear, Massimo Dutti, Oysho a Stradivarius, entre outras.

Unha persoa con máscara pasa por diante dunha tenda de Zara (Eduardo Parra / Europa Press)
photo_camera Unha persoa con máscara pasa por diante dunha tenda de Zara (Eduardo Parra / Europa Press)

Esta cuarta feira, 15 de abril, poñerarse en marcha o ERTE, expediente de regulación temporal de emprego, que Inditex anunciou aos axentes sociais o pasado 19 de marzo e cuxa aplicación adiou a mediados deste mes, variando así a súa intención inicial de facelo en 1 de abril.

A medida, segundo avanzan medios como El Diario Montañés, Tele 5 ou El Comercio, afectará 25.000 traballadores e traballadoras. É o persoal das tendas físicas do grupo. Desde Zara, Pull & Bear, Massimo Dutti, Oysho a Stradivarius, entre outras.

Desde a empresa apuntouse que complementarán a prestación da Seguridade Social para que as traballadoras e os traballadores afectados polo ERTE cobren 100% do seu salario habitual.

A empresa é unha das que ten máis éxito a nivel económico cuns beneficios declarados de 3.639 millóns de euros no último exercicio.

Nun primeiro momento, o ERTE ía activarse a partir de 1 de abril. Perante as númerosas críticas recibidas, Inditex decidiu adiar o expediente temporal de regulación de emprego ao 15 dese mes. 

Comentarios