CULTURA

"Inchadiña branca vela..."

¡Que inchadiña branca vela / antre os millos corre soa, / misteriosa pura estrela! / Dille o vento en torno dela: / 'Palomiña, ¡voa!,¡voa!”, cantou Rosalía de Castro en Cantares Gallegos (1863). A estes versos remiten desde a Fundación da poeta e a asociación Dorna da Arousa para organizar a Inchadiña Branca Vela, iniciativa que este ano fixo sete anos: Unha trintena de embarcacións tradicionais (dornas, xeiteiras, gamelas, botes...) remontaron Ulla e Sar para celebrar a autora de Follas Novas. Fotos: Padrón Turismo e Fundación Rosalía.

Comentarios