Opinión

A ilexitimidade do réxime de Franco

A mellor proba de que o réxime de Franco segue vivo é o poder que ten a familia do ditador.  Se o réxime estivese finalizado e tivese sido declarado ilexítimo, como era lóxico e imprescindível para entrar nunha democracia, esa familia non podería ter influencia nengunha. O franquismo apresentouse como se fora un fenómeno isolado que nada tiña que ver có pasado nen có futuro e tapouse quén o trouxera e a quén beneficiara.

Todo semella indicar que Franco non actuou pola sua conta e que o encarregaron desde dentro de que devolvese o poder absoluto á Igrexa, preparase o terreo para a volta da monarquía e aniquilase a posibilidade de sair do sistema. Esa realidade foi tapada con propaganda e información tendenciosa para facer crer que se podía entrar na democracia sen estudar as consecuencias políticas, sociais e psicolóxicas da inquisitorial dictadura, e que era moi civilizado e modelo de actuación intelixente e adiantada o de que se pasase dunha cousa a outra como se nada sucedera.

A sustitución dun goberno lexítimo por outro ilexítimo fíxose coa complicidade da Igrexa, que santificou a guerra civil e a ditadura e lles otorgou bendizón divina. Non ter recoñecido que o réxime de Franco foi ilegal vira ilexítimo todo o que veu depois. Habería que quitar todos os privilexios á familia do ditador e obrigala e devolver os bens roubados, e a Igrexa tería que devolver todo o que roubou e segue roubando grazas a Franco. Dar lexitimidade ao réxime de Franco, explícita o implícitamente, ven sendo como se aos ladróns se lle outorgase o direito lexítimo a quedar có roubado e como se aos asasinos se lles dese un premio polo ben que mataron.

Comentarios