Tímpanos medievais da Galiza: Igrexa de Santiago, A Coruña

Datamos a fábrica da igrexa no momento que Afonso IX concede os seus foros á cidade de Crunia a principios do século XIII. Daquela os peregrinos de Irlanda, Escocia, Inglaterra, Escandinavia, e mesmo Países Baixos e norte de Francia que contaban coa opción terrestre, seguían a ruta marítima para vir á Galiza. O que chamamos o Camiño Inglés guiaba as naves até Ribadeo, Viveiro ou A Coruña. Durante o século XII os peregrinos desembarcaban no Burgo pero desde o XIII en adiante xa o fan na ría da Coruña e achéganse en lanchas ao Parrote. O primeiro templo no que poden agradecer pór pé en terra firme é o de Santiago, a uns metros da praia.
Porta principal da igrexa de Santiago, na Coruña. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Porta principal da igrexa de Santiago, na Coruña. (Foto: Nós Diario)
Localízase na parte máis antiga da cidade xa que as escavacións arqueolóxicas sitúan a orixe da romana Brigantium, que logo será a nosa Crunia, entre o actual Parrote e a praza de Azcárraga.…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios