Iglesias e Errejón repártense a equipa que vai redifinir Podemos

Acordan nunha reunión de dúas horas a soas unha decisión que despois foi presentada ao Consello Cidadán para a súa aprobación. 

[Imaxe: Podemos]
photo_camera [Imaxe: Podemos] Pablo Iglesias e Íñigo Errejón

O secretario xeral e o secretario político de Podemos acordaron un equipo de 7 persoas como o encargado de organizar Vista Alegre II, a cita na que se vai redifinar o partido lilá. Acordárono nunha xuntanaza a soas de dúas horas de duración e que decorreu a escasos metros de onde esta reunido o Consello Cidadá. Finalizado o encontro de Iglesias e Errejón, o que acordaron foi aprobado polo Consello.

Esa equipa estará integrada por tres representantes do sector 'pablista', 1 próximo a Anticapitalistas e 3 do 'errejonismo'. Entre estes últimos, Sergio Pascual, o ex-secretario de Organización de Podemos, que foi man dereita de Íñigo Errejón e cuxa destitución fulminante por Pablo Iglesias evidenciou que non todo era de rosa entre Iglesias e Errejón.

Iglesias expuxo que, unha vez superado Vista Alegre II, hai que deixar de facer de Podemos un “campo de batalla” entre faccións e defendeu a necesidade da unidade. Errejón rexeitou calquera tentativa de “uniformidade” e apelou á necesidade de manter os debates internos.

Votación

Este domingo comezou a consulta á militancia sobre as regras do propio congreso do partido, unha votación que se prolongará até a vindeira terza feira. Entre as decisións neste referendo, a forma de votación, elixindo entre votar documentos e candidatos por conxunto ou ben por separado.  

Comentarios