De acordo cunha información facilitada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, xa foron identificadas "oficialmente" as últimas tres vítimas mortais do accidente.
Informa o TSXG que "cabe a posibilidade" de que, en función das probas practicadas polos forenses, e sempre pendentes dos resultados do ADN, "os tres restos" humanos que aínda se están a submeter a análise "correspondan a vítimas xa contabilizadas".
Destarte, e sempre á espera "da evolución dos pacientes hospitalizados", o número de falecidos manteríase nas 78 persoas.