As veciñas e veciños lembran Joaquín Estévez e Venancio González, Mártires de Sobredo

A Carballeira de Sobredo (Tui) acolle este sábado 24 de novembro un acto de homenaxe en lembranza do 97º aniversario do asasinato dos coñecidos como Mártires de Sobredo, que este ano contará coa intervención especial de Carlos Babío, investigador da memoria. 
sobredo monumento @luisvillares
photo_camera Imaxe dun acto anterior no Monumento.

Un 28 de novembro de 1922, no lugar de Sobredo (Tui), a garda civil disolvía a tiros unha manifestación contra o embargo a un veciño que se negara a pagar as rendas dun foro. Dous dos seus veciños, Joaquín Estévez e Venancio González, e unha veciña, Cándida Rodríguez, resultarían asasinados por defenderen a dignidade dos labregos e das labregas.

Cartaz Martires de SobredoAgora, 97 anos despois, o Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (Ieams) organiza unha nova edición do homenaxe que as veciñas e veciños levan a cabo a carón do monumento de 1932 que lembra os asasinados, que terá lugar o vindeiro sábado 24 de novembro.

Este ano o comezo dos actos está previsto para as 11 horas, sendo o invitado especial Carlos Babío, investigador da memoria, tendo lugar após súa intervención a actuación do grupo de gaitas Folieiros. 

Comentarios