Homenaxe a 14 represaliados polo fascismo en Ferrol

A Asociación Memoria Histórica Democrática realizou durante a xornada de onte un acto en lembranza dun veciño de Cabanas e 13 de Cedeira ao cumprirse o 83 aniversario da súa execución, tras ser condenados por "defender os principios democráticos" e por "negarse a secundar un golpe miliar contra o Goberno republicano", segundo aseguraron.

represaliados
photo_camera Cartel promocional do evento. (ACMHD)

A Asociación Memoria Histórica Democrática realizou durante esta cuarta feira un acto en lembranza dun veciño de Cabanas e 13 de Cedeira ao facerse o 83 aniversario da súa execución, tras ser condenados por "defender os principios democráticos" e por "negarse a secundar un golpe miliar contra o Goberno republicano", segundo aseguraron.

A homenaxe, que se realizou en Ferrol, consistiu nunha ofrenda floral realizada desde as 10 horas ante as instalacións do Instituto de  Canido, levantadas onde estaba o antigo Cemiterio de Ferrol, lugar onde se paseaba a moitos dos condenados a morte polo fascismo.

Posteriormente, os presentes percorreron o cemiterio de Serantes e o Castelo de San Felipe, fortificación na que as 14 persoas foron executadas, tras ser condenadas a morte por "rebelión militar” en consello de guerra celebrado no Cuartel de Zapadores o 4 de decembro de 1936.  

Os represaliados foron Alonso Teixeiro, mestre; Adolfo Bouzón, mariñeiro; Antonio Castillo, veterinario; Xosé Durán, labrador; Manuel Fernández, militar retirado; Xinés Fernández, estudante; Miguel Fernández, funcionario de Correos; Isaac Forneiro, mestre; Antonio Igesias, mariñeiro; Xosé Lago, labrador; Enrique Martínez, condutor; Rufino Redondo, mestre; Francisco Rodríguez, barbeiro, e Antonio Ameneiro.

Comentarios